O equipo de prevención de conductas aditivas da comarca de Verín,
está formado por unha psicóloga e 3 traballadoras sociais dos servizos sociais comunitarios básicos da Mancomunidade.
Teñen como función optimizar os recursos e levar a cabo intervencións preventivas que favorezan unha acción múltiple sobre un ámbito comunitario , familiar ou escolar mellorando os factores de prevención e reducindo os factores de risco.
Previr non é facil nin sinxelo pero sí é necesario.
Cando se fai a través de plans ou programas participativos e ben orientados , os resultados non son visibles inmediatamente, pero sen embargo, teñen a gran importancia de evitar os consumos de moitos adolescentes e adultos.
Un dos obxectivos deste equipo de prevención é axudar a comprender as causas do abuso de drogas e evitar o inicio no seu consumo. Entendendo por abuso de drogas o uso de calquera susbstancia ilicita ou o uso inadecuado das drogas legais. O problema das drogas é que son un fenómeno social de carácter multifactorial que afecta as persoas que o padecen, os familiares, a sociedade, aféctanos a todos.
De ahí o plantexamento de que toda a sociedade debe intervir,
recordando que a sociedade compómola individuos, familias, colectivos e institucións, e que todos somos responsables do que nela ocorre. O fenómeno do consumo de drogas é dinámico e cambiante, a situación actual deste consumo no noso pais é moi diferente da de fai uns anos.
Producíronse cambios na nosa sociedade, no tipo de drogas consumidas, no modo de consumo das mesmas e na maior accesibilidade a elas, e asi mesmo na aparición de novos tipos de consumo reiteradamente considerados como dañinos tamén cambiou o perfil dos consumidores.