Cambio de sentido.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Xuvenil
OBXETIVOS XERAIS:
- Mellorar a información dos alumnos das autoescolas en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos de alcohol ou outras drogas.
- Incrementar a percepción de "vulnerabilidade persoal" derivada da condución dun vehículo tras consumir alcohol ou outras drogas
- Reducir o número de accidentes varios entre a mocidade nos cales interveñen o alcohol ou outras drogas.
- Promover actitudes e conductas máis seguras e responsables na condución de vehículos entre a poboación que se prepara para obter o permiso de conducir nas autoescolas, baseadas en evitar o consumo de alcohol ou outras drogas, no respecto das taxas de alcoholemia, no uso de cintos de seguridade e en evitar conducir ante o menor síntoma de sono ou cansanzo.
Activa.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Xuvenil
OBXETIVOS:
- Reducir o consumo experimental das distintas drogas entre os adolescentes de 12 a 18 anos.
- Retardar a idade media de inicio ao consumo das distintas drogas dos adolescentes e mozos e mozas de 12 a 24 anos.
- Reducir o número de bebedores abusivos entre a poboación xeral e os adolescentes e mozos e mozas.
- Mellorar a calidade de información dos xoves sobre as drogas e os seus efectos.
- Modificar as actitudes dos adolescentes, mozos e mozas fronte ás drogas.
- Reducir a dispoñibilidade do tabaco, así como o consumo indebido e abusivo de bebidas alcohólicas no contorno social, dentro do cal se recolle como obxectivo operativo: velar polo cumprimento da normativa que impide a venda de alcohol e tabaco a menores.
- Incrementar as habilidades de resistencia.
- Favorecer a implicación e participación de poboación xuvenil en actividades de ocio saudables.
- Incrementar a información sobre os riscos asociados ao uso de drogas.
Saúde na escola.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Escolar
OBXETIVOS:
- Influír nas crenzas e nas actitudes do alumnado sobre as drogas e o seu consumo, así como no consumo actual e a intención do consumo futuro dos alumnos e dos escolares que participen nel.
Non pasa nada, ¿pasa algo?.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Escolar
OBXETIVOS XERAIS:
- A redución entre os beneficiarios do programa, dos consumos experimentais de tabaco, alcohol, cannabis e outras drogas ilegais, asi como a reducción das porcentaxes de consumidores habituais destas mesmas sustancias.
- Reducir a presenza de conductas disruptivas nas aulas relacionadas co consumo de drogas por parte dos alumnos.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS:
- Ofrecer aos alumnos una formación preventiva sobre as substancias psicoactivas, os efectos e as consecuencias do seu consumo clara, realista e adecuada.
- Incrementar a percepción do risco asociado co uso de drogas entre os alumnos dos centros educativos da Mancomunidade.
- Promover o adestramento dos alumnos no establecemento de límites persoais e en relación co grupo.
- Mellorar as habilidades sociais do alumnado para facer amigos novos.
- Informar e apoiar as familias dos menores en situación de risco, orientando situación de dificultade.
En familia tod@s contan.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
OBXETIVOS:
- Proporcionar habilidades educativas de xestión e comunicación os pais, os titores e demáis familia que se atopen nunha situación similar e que esten dispostos a participar.
- Ensinar recursos a familiares para poder actuar ante situacións de risco.
- Proporcionar os pais ferramentas para poder sinalar de maneira precisa os factores de risco no que se atopan algunhas familias.
Máis que un teito.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
OBXETIVOS:
- Mellorar habilidades de comunicación educativas de pais, nais, titores e familias implicadas nunha situación de risco.
- Situación de vulnerabilidade social debido o consumo de drogas.
- Promover os valores de familia e reducir factores de risco no consumo de drogas.
- Mellorar as habilidades educativas e preventivas dos pais.
- Informar sobre o consumo de drogas a pais, nais, titores e familias.
- Promover habilidades dos participantes para unha mellora na xestión familiar.
Entre todos.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
OBXETIVOS:
- Facilitar que o menor desenvolva a súa autonomía persoal (autocontrol das reaccións emocionais e coñecemento persoal).
- Mellorar as relacións no ámbito familiar e de grupo de iguais.
- Reducir as conductas disruptivas no ámbito do fogar.
- Acompañar o menor durante o camiño do cambio e intentar que tome conciencia do problema que lle acontece.
- Adquirir habilidades adecuadas para permitir unha mellor resolución das situacións problemáticas ou conflictivas.
- Mellorar habilidades de comunicación.
Activudades transversais.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Universal
OBXETIVOS:
- Mellorar a calidade de información dispoñible por parte da poboación destinataria acerca das drogas.
- Mellorar o nivel de coñecemento da poboación sobre o impacto que as drogas teñen sobre a saúde e o benestar individual e colectivo e os riscos que derivan do seu uso.
- Sensibilizar a poboación respecto aos problemas que provoca o uso e abuso de drogas.
- Incrementar o apoio dos destinatarios das intervencións ás medidas de protección da saúde e de prevención do consumo de drogas.
- Modificar as actitudes sociais fronte ás drogas, reducindo a tolerancia/permisividade social cara ao seu uso.
- Mobilizar a poboación na busca de solucións e alternativas aos problemas que a súa comunidade ou colectivo presente en relación coas drogas.
Consuldrogas.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Universal
OBXETIVOS:
- Servir de conexión entre o equipo de prevención de drogodependencia da Mancomunidade e a poboación.
- Que a poboación coñeza a perigosidade das drogas e as súas consecuencias, sen facer distinción entre as drogas legais e as ilegais.
- Integrar o concepto de prevención en toda a poboación.
- Creación dun foro constructivo sobre drogas en xeral libre de identificacións persoais.