A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, entidade local integrada por sete concellos Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, pon en marcha as campañas de Prevención de condutas aditivas “RODANDO POLA VIDA” de continuidade o longo de todo o ano, na que se repartiran adhesivos aos autobuses e os taxis dos Concellos que forman a Mancomunidade de Verín, na que se promove o uso de transporte público polos xoves en festas e saídas nocturnas, e a campaña “NO ENTROIDIÑO SENTIDIÑO” con motivo da celebración do entroido que se celebrará na nosa comarca os días 13, 16, 20, 21, 22, 23, 24 e 25 febreiro, na cal se repartiran carteis e adhesivos promovendo o desfrute dun entroido saudables con consumos responsables.
Ambas campañas están dirixidas aos xoves co fin de axudalos a desfrutar duns días de lecer alexados de malas conductas como pode ser o consumo de alcohol, drogas, e outro tipo de condutas perigosas. Ámbalas dúas campañas de concienciación enmarcadas no programa de “Actividades transversais”.
Este material será repartido aos xoves, e nos distintos negocios hostaleiros da Vila así como os taxis e autobuses que operan na nosa mancomunidade a través do equipo de prevención de conductas aditivas da Mancomunidade de Verín .
Esta campaña forma parte dun proxecto máis amplo no cal se leva traballando dende fai anos e o cal ten duración ininterrompida. Durante a duración deste programa traballarase tamén con tódolos colexios e institutos dos distintos Concellos pertencentes a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, así como diversas actividades, e continuando coa nosa páxina web (www.consuldrogas.com) chegando ós xoves, país, profesores, poboación en xeral.